Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CPA Bolboreta Redondela estará no Campionato de España Show que se disputa en Lleida

RR_Noticias

Logo de clasificarse co espectáculo “Líbranos del mal” no Campionato Galego celebrado en Vigo, o grupo de patinaxe artística participará na proba estatal que se celebra en Lleida no mes de marzo. Nos días que restan “pefeccionarán” a actuación e preparan a viaxe á cidade catalá, que inclúe tamén “unha delicada escenografía”.

O presidente do club, José Manuel Albá, e a adestradora Ainhoa Rodríguez, non poden estar máis orgullosos das dúas patinadoras e patinadores. Aseguran que todos son “unha gran familia” da que forman parte máis de 120 deportistas desde os 3 ata os 18 anos. Son 47 os que teñen licencia federada, e o resto practica a patinaxe nas diferentes escolas deportivas que dirixe o club. Malia ser un club con poucos anos de historia, está a facerse un oco entre os máis importantes de Galicia. Os bos resultados son posibles grazas á implicación da directiva, as familias, e sobre todo dos rapaces, que dedican moitas horas a adestrar e están moi comprometidos co deporte. “Líbranos del mal” O programa como que lograron a clasificación para o Campionato de España titúlase “Líbranos del mal”, no que participan 13 patinadoras e 3 patinadores. Un espectáculo cunha posta en escea “arriscada e sorprendente”, como explica a adestradora. Agora teñen un mes por diante para seguir perfeccionando o programa, e tamén para preparar a longa viaxe a Lleida. Será os días 14 e 15 de marzo. Deben trasladar, non só aos deportistas, senón tamén todo o material de patinaxe e a escenografía que acompaña ao show. Son conscientes de que teñen traballo por diante para recadar fondos, sinalan que buscarán “debaixo das pedras”, e non teñen dúbida que asistirán. O grupo que representará a Redondela nesta cita está formado por Michele, Laura D., Paula C., Aixa, Pablo G., Paula R., Hugo, Pablo C., Carla, Laura A., Yaiza, María, Aroa, Noa, Nerea e Sara. Desde o club amosan tamén o seu agradecemento a toda a afección que os anima e apoia, aos colaboradores e patrocinadores, e á concellería de Deportes de Redondela.

Traballo e compromiso
O presidenteJosé Manuel Albá e a adestradora Ainhoa Rodríguez coinciden en que o éxito do club se debe á implicación e compromiso dos patinadores.
"Líbranos del mal"
Un espectáculo cunha posta en escea "arriscada e sorprendente" como explica a adestradora.
Campionato de España en Lleida
Agoran preparan a viaxe na que tamén teñen que trasladar toda a escenografía. Teñen traballo por diante pero non hai dúbida de que asistirán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará