Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O banco de Cedeira “blíndase” contra a acción dos vándalos

RR_Noticias

O popular banco de madeira instalado hai anos no coñecido como Campo da Rata presenta unha nova imaxe. Fartos de que este asento de madeira sufrirá continuos danos e que incluso chegaran a prenderlle lume deixando a súa estrutura practicamente inservible, uns veciños da parroquia decidiron facer unha réplica en metal, para poñerlle así máis difícil a acción dos vándalos.

O novo banco, que presume de ser “o mellor banco do mundo” pola súas impresionantes vistas sobre a ría de Vigo, volve estar operativo cunha estrutura máis resistente. A réplica en metal é obra de dous veciños da zona Antonio Sobrado e Iván Castro, quen se encargaron de retirar o banco de madeira que no seu día realizara Fran Peixoto e reproducilo xa nun material máis resistente apra aguantar os ataques dos vándalos.
A nova instalación está realizada con chapa galvanizada, pintada en verde e co lema “Galicia its different” en vermello. Pesa 55 kilos e está xa aparafusada á rocha para que todo o que o desexe poidan dende alí, e comodamente sentado, contemplar unha vista inmellorable da ría de Vigo coa Ponte de Rande, as bateas e a Illa de San Simón ao fondo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará