Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca de Soutomaior organiza un taller artístico sobre Rosalía de Castro

RR_Noticias

A iniciativa inclúe un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade. A participación no taller, orientada a nenos e nenas de máis de 7 anos, é gratuíta e ten un límite de 25 prazas que se asignarán por orde de rexistro na web municipal.

A Biblioteca Municipal de Soutomaior, Luís Seoane, abre o prazo de inscrición para a súa próxima actividade, un taller creativo dirixido ao público infantil centrado na obra de Rosalía de Castro.  O taller artístico celebrarase o 27 de febreiro e está dirixida a nenos e nenas de máis de 7 anos, nos que pretende fomentar valores de igualdade a través da figura da escritora e o seu libro Cantares Gallegos, unha obra na que reflicte a súa desconformidade ante as desigualdades de xénero, idioma e clase social.
A sesión inclúe un contacontos centrado na obra da poeta no que participarán todos os asistentes e finalizará cunha “Rosaliada”, un gran cadro colectivo no que, tal e como facía Rosalía, utilizarase a arte para transmitir unha mensaxe de igualdade e respecto á nosa sociedade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará