Axentes da policía Nacional arrestaban onte a unha suposta banda itinerante na rotonda de acceso á AP-9 en Rande. O operativo na glorieta detivo un vehículo nunha escena de película, cos axentes armados e cos detidos tombados no chan para evitar a súa fuxida. As investigacións continúan abertas para determinar os roubos nos que puido actuar esta banda.
A detención produciuse logo de que a suposta banda de ladróns, de nacionalidade estranxeira, se dera á fuga, polo que se puxeron en marcha vaios controis para tentar detectar o vehículo dos sospeitosos. Un vehículo que foi detectado polos axentes na rotonda da AP-9 en Rande, lugar no que se detivo o vehículo dos sospeitosos, obrigándoos a saír do mesmo e a tirar se no chan para evitar a súa fuxida.
Unha operación que sorprendía aos condutores que circulaban pola zona como aos propios veciños e na que foron incautados diferentes obxectos, cuxa procedencia están aínda por determinar malia que se sospeita que proceden de diferentes roubos en vivendas acontecidos nas últimas semanas en Pontevedra.