Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os usuarios da liña 28 non poderán empregar a PassVigo nos seus desprazamentos

RR_Noticias

Os veciños de Negros, Cabeiro, Vilar, Trasmañó e Chapela que son usuarios da liña 28, quedan dende hoxe luns sen a posibilidade de beneficiarse dos descontos que supón a PassVigo nestes traxectos. O cambio débese a que xa non será Vitrasa quen realice esta rutas, senón unha nova empresa adxudicataria, Autos González, quen se fixo coa explotación desta liña.

A Alcaldesa, Digna Rivas, lamenta a falta de información por parte da Xunta xa que asegura que foron os propios usuarios os que lle comunicaron estes cambio nos últimos días. Critica a falta de respecto da Xunta cara a veciñanza por non ter informado coa suficiente antelación da variación que se ían a producir nas liñas afectadas, un cambio de servizo que supón un gran prexuízo para estes usuarios e usuarias que a diario toman estas liñas para desprazarse aos seus centros de traballo ou ensino.
Ante esta situación, dende a Alcaldía xa se ten solicitado ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia unha reunión de urxencia para aclarar os termos deste servizo, información que se transmitirá aos afectados.
Alegación denegadas
O Concello de Redondela xa presentara unha serie de alegacións ao anteproxecto, demandando a creación de novas rutas de conexión entre Vigo-Redondela-Pontevedra sen paradas intermedias co fin de obter unha comunicación directa e rápida entre os 3 municipios, aumentar as expedicións na fin de semana, e mellorar os casos de paradas existentes con déficit de paradas no Alto e o Colexio de Censantes, Soutoxuste, O Pereiro ou Cedeira. Outra das reclamacións que xa se fixeran constar nesas alegacións foran as carencias deste anteproxecto en canto a falta de información mínima nas paradas e a bordo dos vehículos, ou aspectos medioambienteis como a tipoloxía dos vehículos.
Todas estas alegacións foron denegadas pola Xunta de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará