Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra a Rosalía

RR_Noticias

A Alameda Rosalía da Castro de Chapela é o espazo elixido polo Concello para celebrar esta fin de semana os actos en torno á poeta. Actividades que se desenvolverán esta fin de semana cun obradoiro infantil na mañá do sábado e diversas actuación musicais e literarias o domingo. Organiza o Servizo de Normalización Lingüística.

As actividades previstas co gallo do Día de Rosalía, data conmemorada o pasado luns co gallo do 183 aniversario do nacemento da escritora, arrancarán ás doce do mediodía do sábado cun obradoiro infantil orientado a nenos e nenas de 6 a 10 anos.
O domingo a partir das seis da tarde actuarán o grupo Anaquiños, Xardín Desordenado, celebrarase un recitado de poemas e pechará a xornada unha ofrenda floral e a interpretación do himno galego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará