Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Enterro do Berete aprázase ao sábado día 7 polo mal tempo

RR_Noticias

O concello decidiu suspender os actos programados para a tarde do sábado en Chapela ante as previsións que falan de risco de chuvias durante todo o día. A programación, que  incluía o desfile de comparsas dende o alto da Encarnación para rematar na praia de Arealonga, o espectáculo Vatra e queima do berete así como o posterior concerto a cargo das Broken Peach pasará a celebrarse na tarde do sábado 7 de marzo. Tamén a programación polo Día de Rosalía suspéndese e celebrarase na tarde do venres 6.

Un tempo de entroido que permitiu ata o de agora a celebración de todas as actividades previstas. Sol para o desfile de comparsas do pasado domingo, inestabilidade o martes que puxo en risco nalgún momento a queima do meco, e finalmente mal tempo para mañá sábado. Chega a borrasca Jorge que parece vai deixar precipitacións durante todo o día o que levou ao concello a adoptar este decisión de adiar os actos programados en Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará