Unha mínima variación pero positiva a experimentada no pasado mes de febreiro, cunha lixeira baixada no número de desempregados en Redondela, onde foron 16 as persoas que atoparon emprego sendo actualmente 1.698 as inscritas nas listas do paro. Bo comportamento tamén en Soutomaior mentres que en Pazos e Fornelos a tendencia é a contraria cun incremento moderado no número de parados en ambos os dous municipios.
A melloría do mercado laboral o mes pasado foi xeneralizada. En cómputo total Galicia foi unha das comunidades onde máis creceu o número de empregos con case 5.850 cotizantes máis. Na nosa bisbarra as variacións son mínimas ,tanto positivas como negativas. Así en Redondela a día de hoxe son 1698 as persoas inscritas nas listas do paro, 16 menos que no mes anterior, mentres que en Soutomaior a cifra ascende a 609, 6 menos que en xaneiro.
En Pazos e Fornelos comportamento negativo cun incremento de 5 novos inscritos en cada un dos concellos, sendo 264 as persoas en paro en Pazos e 164 as que busca un emprego en Fornelos.