Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas lamenta que a Xunta rexeitase as alegacións contra a casa de apostas

RR_Noticias

A resolución da alcaldía na que se concede a licenza de apertura á empresa promotora deste local de apostas, Unión de Operadores Reunidos, levou á alcaldesa, Digna Rivas, a aclarar que “tras o informe da Xunta, o Concello de Redondela, como administración pública ten a obriga legal de tramitar cada expediente con dilixencia e, unha vez realizados todos os trámites correspondentes e emitidos os informes preceptivos, ditar a resolución correspondente”. Lamenta que “a Xunta rexeitase as alegacións” e sinala que son as leis, aprobadas nos parlamentos, as que autorizan ou impiden este tipo de actividades, polo que “a nosa obriga como representantes da cidadanía é loitar para modificar esas leis”.

Insiste Rivas na idea de que “non son eu a que decido que empresas exercen as súa actividades na Vila, sexan ou non do meu agrado, senón que son as leis, aprobadas nos parlamentos, as que autorizan ou impiden este tipo de actividades”. Neste sentido asegurou que “a nosa obriga, como representantes da cidadanía, é loitar pola modificación desas leis”.
En todo momento explican dende o Concello que é a Xunta quen desestima as alegacións presentadas contra a instalación dunha casa de apostas na vila e non o concello, que “o que fai é emitir a resolución correspondente unha vez realizados todos os trámites e emitidos os informes perceptivos”.
O Concello de Redondela procedera no seu día a tramitar o expediente como licenza municipal en lugar de facelo como comunicación previa “ao entender que se trataba dun asunto de interese público que afectaba á cidadanía”. Con ese fin, abríase un período de información pública e procedía á publicación do correspondente anuncio no BOP, a fin de que se puideran presentar as alegacións oportunas.
Tralo informe da Xunta no que se rexeitan ditas alegación, o Concello como administración pública, “ten a obriga legal de tramitar cada expediente con dilixencia e ditar a resolución correspondente”.
De acordo coa licencia concedida o local contará con capacidade para 109 persoas e con 18 máquinas recreativas, así como varias ruletas ou máquinas multiposto. En canto ao horario de apertura, poderá abrir ata as 2:00 horas tal e como establece a normativa que regula este tipo de negocios, podendo ampliar o seu horario unha hora máis as vésperas de festivo e os propios festivos, así como as noites do xoves, venres, sábado e domingo.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará