Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Soutomaior queda pequeno dous anos despois de ser inaugurado

RR_Noticias

A falta de aulas no novo instituto, logo de que se crease unha nova unidade en primeiro de ESO para dar resposta a elevada demanda de prazas, podería obrigar a unir grupos, o cal obrigaría ao alumnado a ter ratios elevados nun instituto que acaba de ser inaugurado. O BNG esixe á Xunta que deixe de prexudicar ao alumnado de Soutomaior e se inicie de xeito inmediato a fase 2 do Instituto. Denuncian outras carencias do centro como a falta de pavillón ou patio cuberto.

Os problemas apareceron cando o centro ofertou 79 prazas de matrícula para primeiro da ESO pero se produciron 81 solicitudes dos centros de adscrición directa, o CEIP Manuel Padín Truiteiro e o CEIP de Pontesampaio. Esta situación provocaba non só que alumnos aos que lle corresponde este centro non se puideran matricular e tiveran que ser separados dos seus compañeiros, senón que alumnos do concello que viñan doutros centros non se puidesen matricular.
Finalmente inspección educativa decidiu conceder unha unidade máis en primeiro da ESO, pero ante a falta de aulas ao poñer unha unidade máis en primeiro da ESO habería que reducir grupos noutros cursos, co cal obrigaría ao alumnado de Soutomaior a ter ratios elevados nun instituto que acaba de ser inaugurado.
O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que “en incontables ocasións denunciamos que o instituto non era suficiente. Que precisabamos máis aulas e un instituto máis grande, pero a Xunta do PP optou por un instituto de 12 unidades sen bacharelatos, e finalmente, negáronse a reformar un proxecto que tal e como se está a demostrar está a dar problemas tan só un anos despois de ser inaugurado”.
Outras deficiencias que recolle o voceiro do BNG fan referencia a que o alumnado carece de patio cuberto, polo que nos días de choiva ten que quedar polos corredores, contan cunha cafetería na que non collen 20 persoas, non ten salón de actos e tampouco pavillón cuberto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará