O concello de Soutomaior foi condenado a pagar máis de 2000 euros e os intereses de 2 anos a un traballador ao que non quixo pagarlle as “vacacións devengadas e non disfrutadas” segundo se desprende da propia sentenza. O portavoz do BNG Manu Lourenzo lamenta que unha administración sexa condenada por non respectar os dereitos dos traballadores.
Esta sentenza produciuse despois de que o traballador solicitase que se lle abonase o salario que lle correspondía por non ter disfrutados os sdías de vacacións, petición que non recibiu resposta por parte do concello. Ante esta situación de silencio administrativo o afectado esixiu o ingreso desa cantidade. O alcalde, Agustín Reguera en Xunta de goberno declarou nulo este pago e o concello negouse a aboar esta parte correspondente as vacacións.
Ante o silencio adminstrativo o traballador iniciou un procedemento contencioso administrativo que condenou ao concello a abonar esta cantidade nunha sentenza firme contra a que non cabe recurso.
O portavoz do BNG Manu Lourenzo destacou que o feito de que unha administración sexa condenada por non respectar os dereitos dos traballadores é simplemente unha vergoña que nos deixa en moi bo lugar ao goberno local.