Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protección Civil percorre as parroquias para axudar aos confinados polo coronavirus

RR_Noticias

As técnicas de Servizos Sociais de Redondela xestionan estes días as situacións de illamento nas que quedaron moito veciños a consecuencia do Estado de Alarma. Unha situacións que afecta de xeito particular as persoas maiores que se atopan soas ou a aqueles que pertencen a un grupo de risco. Para axudar na medida de posible está habilitado un número de teléfono 986 40 26 08 co obxecto de xestionar ás súas necesidades, labor que están a facer os voluntarios de protección civil.

Axentes de protección civil, con experiencia na rama sanitaria e sociosanitaria, son os encargados de realizar esta labor de axuda que se xestiona a través de Servizos Sociais. Toda persoas que se atope soa, que precise acudir a unha farmacia ou a facer a compra e que non poida, pode chamar ao número de teléfono 986 40 26 08, dende o cal as técnicas de Servizos Sociais están a xestionar este tipo de colaboracións.
O obxectivo do concello é atender aos máis vulnerables durante a crise e axudar a todas aquelas persoas en situación de dependencia, que viven soas ou teñen problemas de mobilidade a pasar a corentena debidamente atendidos.
Explican tamén que non se precisan voluntarios para esta labor, xa que todo o operativo está a ser xestionado dende Servizos Sociais e Protección Civil, que nestes días percorrerán as parroquias para que todo o mundo que o necesite saiba que pode recibir esta atención.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará