Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manoli del Palacio: “Temos que controlar a situación, para que a situación non nos controle a nós”

RR_Noticias

Tras a primeira semana de confinamento pola alerta sanitaria do coronavirus, toda a poboación está a vivir unha situación “extraordinaria”. Por iso a presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convídanos a “manter a calma”, elaborar un horario cunhas rutinas diarias e aproveitar o “tempo en familia”.

Orientadora no IES San Tomé de Vigo, Manoli do Palacio ocupou tamén este cargo durante durante 14 anos no IES Illa de San Simon, en Redondela. Desde o Colexio de Psicoloxía de Galicia están a facer diferentes recomendacións á poboación para levar este confinamento “da mellor maneira posible”. A psicóloga advirte que estamos a pasar por unha situación “extraordinaria”, pola que nunca pasamos ata o de agora, e que é “normal” sentir preocupación ou medo, xa que se trata dun mecanismo de defensa psicolóxica que nos mantén “alerta”. Con todo, é importante “controlar a situación para que a situación non nos controle a nós e entremos en pánico”. En canto á información recomenda “prudencia”, nun días nos que estamos “sobreexpostos” ás noticias nos medios e tamén nas redes, explica que é importante acudir “ás fontes oficiais” do Ministerio de Sanidade, e a que transmiten desde o Sergas, para evitar “bulos” e noticias falsas que xeran máis inseguridade e preocupación. Por iso é importante “manter a calma”, malia que recoñece que é “difícil”. No caso das familias cos nenos advirte que deben ser os adultos os que transmitan esa “calma” aos pequenos, e tamén dar exemplo de responsabilidade “quedando na casa”. Establecer rutinas Despois de varios días de encerro, e en previsión de que poidan ser moitos máis, é importante establecer na casa unha serie de rutinas. Manoli del Palacio apunta que é fundamental marcar un horario de luns a venres, que debemos poñer nun lugar “visible”. Isto axudaranos a ter unha percepción máis real do tempo, xa que cando estamos confinados “a percepción psicolóxica do tempo cambia”. Este horario debe establecer unhas rutinas que debemos seguir con cuestións básicas como o aseo persoal, as tarefas escolares e o traballo dos adultos, tempo para facer exercicio, e tamén de ocio. No caso de adolescentes que pasan o día “pechados no cuarto” sinala que tamén hai que establecer horarios “para a convivencia en familia”. Explica que é unha oportunidade que debemos aproveitar para pasar máis tempo xuntos. Con todo, recoñece que co tempo pode xurdir “certa tensión e conflitos”, que debemos resolver “con calma e reflexión”. Optimista por natureza, Manoli del Palacio sinala que esta crise vai sacar “o mellor de cada un”. Asegura que “sen soberbias e sen materialismo” vai sair “a nosa esencia”. Afirma que os mozos teñen moito que ofecer, porque son “creativos e solidarios” e esta situación vai sacar tamén “o mellor” de cada un deles.

Manoli del Palacio Colexio de Psicoloxía de Galicia
A psicóloga advirte que estamos a pasar por unha situación "extraordinaria" e que é "normal" sentir preocupación ou medo.
Manter a calma
No caso das familias cos nenos advirte que deben ser os adultos os que transmitan esa "calma" aos pequenos e tamén dar exemplo de responsabilidade "quedando na casa".
Manter horarios e rutinas
Un horario permitirá manter unha percepción máis real do tempo. É importante establecer rutinas de traballo aseo ocio exercicio etc.
Convivencia
É unha oportunidade para pasar máis tempo xuntos. Pode xurdir "certa tensión e conflitos" que debemos resolver "con calma e reflexión".
Optimismo
Optimista por natureza Manoli del Palacio sinala que esta crise vai sacar "o mellor de cada un".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará