Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un número de teléfono para os que “necesitan falar con alguén” en tempos de confinamento

RR_Noticias

Entra en funcionamento o teléfono 986 401713, operativo para todos aqueles que o precisen. Un servizo telefónico de “escoita activa” promovido polas Concellerías de Servizos Sociais e da Terceira Idade en colaboración coa Cruz Vermella de Redondela, que estará operativo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O servizo de atención telefónica #COVIDREDONDELA (COntacto é VIDa Redondela) quere servir de axuda a todas as persoas que o precisen. Unha liña para aliviar estas semanas de confinamento co obxectivo de “manter a saúde emocional” dos veciños. O Concello de Redondela habilitaba ao mediodía de hoxe luns esta liña telefónica en colaboración coa Cruz Vermella.
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que o teléfono “permitirá manter o contacto coas persoas, sobre todo os maiores, ás que o confinamento supón unha situación difícil de levar e que necesiten falar con alguén”. Os interesados poden chamar de luns a venres ao 986 401713 para contar as súas preocupacións, e poderá atopar consellos útiles para soportar o confinamento ou ideas para ocupar o tempo libre.
Unhas chamadas que dende Cruz Vermella xa están a realizar cos seus usuarios e usuarias e que busca trasladarlles información, asesoralos ante calquera dúbida e tamén animalos nos que están a ser para moitos momentos difíciles, sobre todo para aqueles persoas de maior idade e que viven soas. Animan agora a que calquera persoa que o necesite que bote man do teléfono e que marque o número 986 401713, onde será atendido por profesionais para facerlles máis levadeiro o confinamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará