Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un home asegura descoñecer que estamos en estado de alarma para evitar a denuncia policial

RR_Noticias

A escusa non lle serviu a este veciño de Redondela para evitar a denuncia policial logo de ser sorprendido saltándose a corentena. Unha fin de semana na que os axentes da Policía Local tiveron que intervir en numerosas ocasións chegando a presentar, só o sábado, máis de 20 denuncias por incumprir as medidas de confinamento. Algunhas das xusticacións, cando son sorprendidos pola policía na vía pública incumprindo o Decreto do Estado de alarma, son do máis peregrinas.

Saír pasear ao can é unha das xustificacións que permite a calquera propietario dunha mascota saltarse por uns minutos o confinamento. Pero non todo vale.  Así, estar paseando un can por Chapela, residindo en Vigo e a máis de cinco kilómetros de distancia, non lle evitou a esta persoa ser denunciado pola Policía. Tampouco se librou da denuncia outra persoa que cando foi requerida polos axentes argumentou que “lle ía levar un postre a súa cuñada que vive noutro concello”.
Houbo quen quixo librarse da multa alegando descoñecemento, ao asegurarlle aos axentes que non era sabedor de que nos atopamos en estado de alarma.
Ademais, dentro dos controis de vehículos que se intensificaron nas últimas xornadas en diferentes puntos do municipio, denunciáronse dúas persoas que viaxaban no mesmo vehículo sen gardar a distancia de seguridade e que se atopaban lonxe dos seus respectivos domicilios.
Outra das intervencións policiais levou a detención de dúas persoas que se deron a fuga nun ciclomotor en Chapela e que foron finalmente localizadas nunha operación en colaboración coa Policía Nacional.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará