Esta fin de semana o equipo de Pazos de Borbén proclamouse campión da #TerceiraChallenge Fifa20 na que participaron case todos os equipos de fútbol sala da categoría. Borja González Lorenzo impúxose na final a Marcos Failde, representante do Unión GR9 F.S
A iniciativa do cmapionato xurdiu do SD Pazos, e tivo gran acollida entre os clubs da categoría de Terceira Nacional. Desde a Federación Galega de Fútbol recibiron apoio para realizar os sorteos e organizar os cadros clasificatorios. A única máxima era “pasalo ben e concienciar de que o importante durante o estado de alarma é quedar na casa”. O feito de gañar foi “unha sorpresa” segundo recoñece Borja, para quen o máis importante era ofrecer diversión e entretemento aos xogadores e afeccionados nestas semanas de confinamento. Coa competición en os adestramentos cancelados por mor da crise do coronavirus, desde o club de Pazos tentan axudar aos xogadores, familiares e afeccionados “a levar a situación o mellor posible”. Ante a obriga de quedar na casa, ofrecen polas redes sociais mensaxes de ánimo, retos, adiviñas, entrevistas con membros do club e consellos para estes días de confinamento. Os xogadores están a seguir desde a casa un plan de adestramentos que lles remite o club para tentar estar “na mellor forma posible” para cando poidan retomar a competición “aínda que polo de agora non hai ningunha data concreta”.