Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro de Maiores de Cesantes libre de contaxios mentres se contabilizan 50 positivos no CAPD de Chapela

RR_Noticias

O Centro Residencial de Cesantes mantén a raia ao coronavirus: sen contaxiados nin entre os residentes nin tampouco entre os traballadores. Unha situación máis preocupante é a que presenta o Centro para discapacitados de Chapela con 30 usuarios e vinte traballadores contaxiados. Todos eles, segundo informou a alcaldesa, están controlados e illados. No concello descoñécese o dato en canto a número de infectados ao estar esta información englobada no total de contaxiados en toda a área de Vigo.

Os datos achegounos a alcaldesa, Digna Rivas, quen explica que mantén un contacto practicamente diario tanto co centro de maiores de Cesantes como co CAPD de Chapela, que malia non depender do concello si se atopa en territorio municipal. No primeiro caso conseguiuse polo de agora deixar fora do centro un virus que se está cebando con outras residencias de toda Galicia afectando así a poboación máis vulnerable, as persoas de maior idade. Moito máis complicada a situación do Centro de Atención a persoas con Discapacidade, o CAPD de Chapela, no que están contabilizados un total de 50 persoas infestadas, das cales 30 son usuarios e 20 son profesionais que atenden estas dependencias, entre eles o propio director do centro. Con todo explica a alcaldesa a situación está controlada dentro da gravidade, con todos os contaxiados illados en módulos”. En canto a situación en Redondela non é posible aventurar unha cifra, malia saberse que existen numerosos contaxiados algúns deles a raíz de diferentes viaxes colectivas realizadas en días previos ao confinamento. Explica Rivas que os positivos en Redondela están contabilizados nos datos xerais da área sanitaria de Vigo, polo que non conta con datos específicos do municipio.  

Centro de Cesantes e CAPD de Chapela
Unha situación moi desigual en ambos os dous centros
Área sanitaria de Vigo
Os casos de Redondela están contabilizados no conxunto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará