Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

ADOS apela á solidariedade dos veciños de Redondela para que sigan doando sangue

RR_Noticias

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) segue co seu traballo diario na recollida de doazóns coas unidades móbiles. Para facilitar este xesto solidario e facelo compatible co confinamento, teñen habilitado o teléfono gratuíto 900 100 828, para solicitar cita previa. O xoves e o sábado estarán en Redondela.

Ángeles Pazos, responsable de comunicación de ADOS, explica que deste xeito poden seguir cubrindo as necesidades de doazóns que existen en Galicia cada día, sobre todo para enfermos crónicos como os oncolóxicos. Coa cita previa a Axencia facilítalle aos doadores a data, lugar e hora para efectuar a doazón. Deste xeito, dunha maneira cómoda e sen esperas, poden acceder á unidade móbil “con total seguridade, evitando aglomeracións e esperas”. O protocolo para realizar a doazón é moi estricto, como vén sendo habitual desde sempre, pero desde que comezou a crise do COVID-19 reforzouse. O principal, explica Pazos, é garantir a saúde tanto dos doadores como dos profesionais que traballan nas unidades móbiles. Por iso contan con xel desinfectante, equipos de seguridade e máscaras de protección. Ademais, na entrevista que realiza o doador antes da extracción co médico, a doazón descártase ante calquera sospeita de enfermidade. Tampouco poden doar as persoas que tiveran contacto con persoas que deran positivo na proba do COVID-19. Actualmente as reservas de ADOS son semellantes ás anteriores á crise do coronavirus, xa que se ben nos primeiros días de confinamento o número de doazóns baixou, no mes de abril a situación recuperouse favorablemente. Na visita que esta semana realizarán a Redondela agardan unha boa resposta “como é habitual”. En Redondela recóllense de media 44 doazóns por cada mil habitantes, son 3 puntos máis que a media galega, e 4 máis das que recomenda a OMS. A unidade móbil estará diante do Concello este xoves, día 30, en horario de 10.00 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas. O sábado, 2 de maio, estarán de 10.00 a 15.00 horas. Estudo clínico con plasma de doentes recuperados de COVID-19 A Axencia de Doazón tamén é a encargada da extracción de plasma procedente de doentes recuperados de COVID-19. Comezou en Vigo a semana pasada para facer unha investigación que permita obter “as mellores evidencias científicas ao redor das potenciais utilizacións do plasma procedente de doentes recuperados”. Ángeles Pazos é prudente, e advirte que malia que hai antecedentes doutras enfermidades como o Ébola, no que o plasma de persoas curadas serviu como tratamento para a recuperación de enfermos, aínda é cedo para establecer se no caso do coravirus será efectivo.

Ángeles Pazos de ADOS
Para facilitar este xesto solidario e facelo compatible co confinamento teñen habilitado o teléfono gratuíto 900 100 828 para solicitar cita previa.
Protocolos de seguridade
O protocolo para realizar a doazón é moi estricto e coa crise do COVID-19.
Alta taxa de doazón en Redondela
En Redondela recóllense de media 44 doazóns por cada mil habitantes. Son 3 puntos máis que a media galega e 4 máis das que recomenda a OMS.
Estudo con plasma de doentes de COVID-19
A Axencia de Doazón tamén é a encargada da extracción de plasma procedente de doentes recuperados de COVID-19.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará