Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As redes aplauden os Maios confinados

RR_Noticias

 
Un maio certamente atípico foi o gañador da edición dos Maios máis atípicos da súa historia. Sen festa nas rúas e cunha Alameda completamente deserta por mor do confinamento (que non do tempo, aínda que tampouco acompañou) trasladouse toda a celebración ás redes sociais cuxos usuarios foron os necargados de elixir entre os máis dos corenta participantes aos gañadores desta edición. Un “Nacemento confinado” que amosaba un bebé xunto a unha construcción que pouco nos lembra polo material empregado a un Maio tradiconal facíase co primeiro premios grazas aos 233 votos acadados, o premio ás mellores coplas foi para “O Cruceiro confinado” mentres que o galardon á interpretación máis votada foi para o Centro de Atención ás Persoas Maiores de Cesantes.
 

A iniciativa do colectivo Sinha Paca en colaboración coa Concellería de Cultura logrou todo un éxito de participación ao seren máis de 40 os Maios participantes. Familias, centros sociais, colexios… decidiron facer a súa proposta a unha celebración que se viviu na casa e a través das redes sociais.
Dende as dez da mañá do venres e ata a medianoite os internautas elixiron co seu voto aos gañadores das distintas categorías. Así, a proposta “Nacemento confinado”, afastada das construcións habituais que adoitamos ver nesta festa, lograba o maior apoio cun total de 233 votos. Con todo, entre as propostas presentadas puidemos ver tamén os tradicionais maios, cruceiros e conos elaborados con material vexetal e a diferentes tamaños, tamén algunhas ben orixinais como a elaborada con fichas do Lego ou rolos de papel hixiénico.
Na categoría de mellores coplas, os votantes decantáronse pola proposta do “Cruceiro confinado”. Coplas centradas exclusivamente na pandemia e a crise sanitaria que estamos a vivir:
 
Espero que para xuño
noso Benito Cascallo
para pasear a Coca
teña o EPI preparado
 
Malia que había textos que se afastaban deste tema e que recorrían a retranca para falar de crítica política (sobre todo con referencias a política local), os votantes apoiaron con 89 votos as coplas gañadoras.
Finalmente, na categoría de mellor interpretación, foron os maiores do CAPM de Cesantes os que se fixeron co primeiro premio amosando que nisto dos Maios non hai idade.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará