Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía evita que un home se precipite dende unha gran altura en Chapela

RR_Noticias

A Policía Nacional en colaboración cos axentes da Policía Local interviñan o pasado sábado nun intento de suicidio, evitando que un home veciño de Chapela, que ameazaba con acabar coa súa vida, se precipitase dende unha altura que superaba os 15 metros. A vítima foi agarrada polos axentes e trasladada en ambulancia ao hospital onde quedou ingresado para unha valoración.

Os feitos tiñan lugar pasadas as 22:00 horas do sábado segundo informan dende a Policía Nacional. Ao redor desa hora no 091 recibíase unha chamada dun varón que manifestaba a súa intención de se suicidar. Ata o lugar desprazouse unha dotación policial que se atopou cun varón cun coitelo de cociña que ameazaba con cortarse as veas no caso de que os axentes se lle achegaran. Ao tempo subiuse a un muro cunha caída de entre 15-20 metros e agarrouse a un valado metálico anunciando a súa intención de lanzarse ao baleiro.
Un dos axentes achegouse a el para distraelo, mentres outros dous se abalanzaban sobre o home e lograban agarralo e baixalo do muro.
Unha ambulancia trasladouno posteriormente ao Hospital onde foi atendido quedando ingresado á espera dunha valoración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará