Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello convoca 15 prazas de peóns, 3 condutores e 1 capataz para a limpeza das praias

RR_Noticias

O prazo de presentación de solicitudes para poder optar a esta oferta laboral estará aberto ata o xoves 18 de xuño. As persoas interesadas deberán presentar as instancias no rexistro xeral do concello. As bases para poder concorrer a esta oferta pódese consultar na páxina web de concello.

O Concello de Redondela ven de abrir o prazo de presentación de solicitudes para cubrir un total de 19 prazas -15 de peóns, 3 condutores e 1 xefe de equipo- para a prestación do servizo de limpeza nas praias do concello durante o período estival. Segundo se recolle nas bases- que se poden consultar na páxina web do Concello- as persoas contratadas desenvolverán esta tarefa con carácter temporal con xornada de 20 horas semanais en horario variable de luns a domingo segundo as necesidades do concello.
O proceso de selección está encamiñado a contratar a 1 xefe de equipo por un período de catro meses e medio, 20 horas semanais de luns a domingo e cunhas retribucións brutas mensuais de 1.108 euros. Seleccionaranse ademais 3 condutores que recibirán 1.017 euros brutos mensuais e un total de quince peóns, que desenvolverán tamén tarefas de limpeza en horario variable de luns a domingo cunhas retribucións brutas mensuais de878 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará