Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores forzan a Urbaser a negociar a readmisión dun operario tras ocupar o Concello

RR_Noticias

Un grupo de sindicalistas da CUT ocupaban no mediodía de hoxe a Casa do Concello co obxecto de presionar a empresa Urbaser logo do despedimento meses atrás dun traballador desta empresa, encargada da recollida do lixo en varios municipio, entre eles o de Redondela. Logo de acadar o compromiso da empresa de acudir este xoves a unha reunión decidiron abandonar o edificio.

Sindicalistas da CUT ocupaban no mediodía de hoxe o edificio do Concello co obxecto de forzar a empresa a negociar unha saída ante o despedimento “como represalia sindical” dun dos seus compañeiros.
Alberto Covelo, representante dos traballadores, explicaba que o obxecto da mobilización que arrancou cunha concentración na praza do Concello para despois trasladarse ao interior do edificio, era esixir ao goberno local que forzase a empresa a “sentarse a negociar antes do xuizo, que está previsto para o vindeiro luns día 22”. Entenden que a solución ao conflito debe ser “unha solución pactada e dialogada” que se dea antes da vista xudicial.
Engadía Covelo que “a readmisión do traballador é posible, aínda que difícil, pero o noso obxectivo é que a empresa dea marcha atrás nun despido que é inxusto e a mala fe”.
Traballadores e empresa veranse as caras nesa xuntanza que se celebrará o xoves ás 10:00 con mediación do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará