Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela habilita un servizo de información e orientación sobre o Ingreso Mínimo Vital

RR_Noticias

O Concello de Redondela contará, a partir da vindeira semana, cun servizo de orientación e información para axudar á veciñanza a realizar os trámites de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida especificamente a previr o risco de pobreza e exclusión social.

Os interesados en tramitar estas axudas contarán co asesoramento dunha persoa que lles facilitará toda a información que precisen sobre estas axudas e lles explicará, se é o caso, como realizar a tramitación online. Para poder utilizar este servizo, e dentro das medidas de seguridade postas en marcha pola crise da COVID-19, é preciso solicitar cita previa no Concello de Redondela no teléfono 860 400 300. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que o o Ingreso Mínimo Vital “garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade económica e busca garantir unha mellora real de oportunidades de inclusión social e laboral para os beneficiarios”. Esta axuda, “que busca permitir o tránsito desde unha situación de exclusión a unha participación na sociedade” contén tamén incentivos ao emprego e á inclusión “a través de distintas fórmulas de cooperación entre administracións”, sinala Rivas. Todos os requisitos, formularios e información sobre o Ingreso Mínimo Vital, está a disposición da veciñanza na páxina web do Concello de Redondela, www.redondela.gal, na sección”Portal Informativo da COVID-19″.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará