Comeza a conta atrás para unha das probas deportivas máis espectaculares da ría. Esta edición, organizada polo TMKiteClub Cesantes e o Concello de Redondela, terá lugar os días 11 e 12 de xullo. Mañá mércores, 1 de xullo, péchese o prazo de inscrición. A organización agarda máis de 70 participantes en diferentes modalidades nas dúas xornadas do evento.
Refórzase a parte deportiva do evento ampliando o número de probas de formato regata e dividindo á frota en tres categorías principais -twintip, surf e foil- e unha división especial para participantes non federados. A proba, ademais, foi incluída este ano no calendario oficial de regatas da Real Federación Galega de Vela. O domingo 12 de xullo disputarase tamén unha exhibición de freestyle baixo invitación ao finalizar a última manga. O evento celebrarase cumprindo coas medidas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19 establecidas no protocolo da Secretaría Xeral para o Deporte e a Real Federación Galega de Vela, para garantir así a seguridade tanto dos participantes como da organización.