O candidato popular e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo acudirá a un mitin na Alameda Castelao acompañado do presidente provincial do seu partido, Alfonso Rueda. O acto terá lugar este xoves ás 19:00 horas e a comparecencia será retransmitida a través da páxina web do PP.
O aforo é limitado polo que as persoas que estean interesadas en acudir deben confirmar asistencia a través dos teléfono 656 648 676 ou 656 772 951.