Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela contratará 25 persoas en situación de desemprego

RR_Noticias

O Goberno local vén de anunciar a contratación dun total de 25 persoas en situación de desemprego que reforzarán os distintos servizos básicos do Concello de cara a mellorar a súa prestación á veciñanza. Os contratados realizarán tarefas varias en vías e obras, limpeza, medioambiente, turismo, emprego e outros servizos.

Nesa liña e ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos, o Concello contratará 2 peóns forestais, 2 xardiñeiros, 1 técnico de emprego, 1 técnico medioambiental, 1 informático, 3 guías turísticos, 2 traballadores/as sociais e 1 aparellador.
A estas trece persoas engadiranse outras dúas a través do plan Aprol Rural que serán 1 oficial forestal e 1 peón forestal.
Por último, e dentro das contratacións do Risga, para persoas en risco de exclusión social, outras 10 persoas comezarán a traballar para o Concello de Redondela: 7 operadores de limpeza e 3 peóns de vías e obras.
O Goberno sinalou a importancia destas contratacións que “permiten garantir a prestación de servizos de calidade á veciñanza e, por outra banda, contribúen a inserción no mercado laboral de persoas en situación de desemprego”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará