Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Guadi Galego, “artista convidada” nunha programación cultural cargada de músicos locais

RR_Noticias

A Concellería de Cultura aposta por encher este verán de música feita en Redondela. Grupos como Tanto nos ten, Tresporcatro, Airiños do Mar de Teis, Airiños da Peneda, Tanxarina, Carballo das Cen polas, Sheyla Patricia, As Efémeras… e outros moitos forman parte dunha programación que arranca o sábado 11 na Alameda Castelao cun concerto da Xingros Big Band do Conservatorio e que inclúe tamén os “vermuts culturais” os sábados de agosto ás 12:30 horas. Unha das grandes citas será o Día de Galicia con Guadi Galego no Campo da Feira. Actuacións de balde marcadas polas medidas sanitarias que impón esta nova normalidade.

O Concelleiro de Cultural, Daniel Boullosa e a alcaldesa, Digna Rivas, presentaron hoxe unha programación “na que prima a prevención pero tamén a defensa da cultura, presumindo do noso”. Neste sentido, durante as vindeiras semanas haberá concertos en Redondela, Chapela e Reboreda protagonizados na súa maior parte por grupos locais “grupos e artistas de gran nivel moi afectados por este parón cultural”.
Unhas actuacións marcadas polas medidas de seguridade: separación ente espectadores e de tres metros co palco, máscaras, nenos sentados en cadeiras, hidroxel… todo o necesario para garantir a seguridade pero sen renunciar a unha programación cultural imprescindible para traballar na recuperación económica do sector.
Unha das citas máis salientables será co gallo da celebración do Día de Galicia, o venres 24 de xullo cun concerto fusión en Chapela a cargo de Pelepau e a banda de música da parroquia, e o sábado 25 o espectáculo Immersión de Guadi Galego, no Campo da Feira.
Como novidade inclúense nesta programación os Vermús Culturais, unha serie de concertos (Su garrido, 33RPM, As efémeras, Pacíficos Errantes, Chá, cerveja e vialao)  que se desenvolverán os sábados de agosto ás12.30 en diferentes ubicacións de Redondela que buscan revitalizar o comercio e a hostalaría local.
Todos os concertos serán de balde, malia que se controlará o aforo para garantir a seguridade e nos concertos de Guadi Galego e Pelepau haberá que acudir con invitación que deberá reservarse a través dun correo electrónico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará