Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle as probas da ABAU tanto para o alumnado do municipio coma o de Soutomaior

RR_Noticias

As probas realizaranse este martes, mércores e xoves no pavillón de deportes da Marisma, onde se darán cita un total de 186 estudantes que terán que enfrontarse as probas de acceso á Universidade a partir de mañá. Aplicarase un dispositivo especial para controlar e facilitar o estacionamento. Os estudantes deberán chegar ao centro coa súa respectiva máscara que só poderá retirarse durante a realización dos exames.

Os alumnos de alumnas de Redondela e do veciño concello de Soutomaior, poderán facer este ano as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) en Redondela de cara a evitar desprazamentos e garantir a seguridade sanitaria do estudantado durante a celebración das probas.
Así quedou acordado tras unha reunión que mantiveron a alcaldesa, Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros cos equipos directivos do IES Chapela, IES Mendiño, IES Floriani, IES Soutomaior e colexio Apóstol Santiago.
Serán, polo tanto, 186 mozos os que terán que superar as probas de acceso á universidade que se desenvolverán no pavillón de deportes da Marisma entre o martes 7 e o xoves 9.
Olga García adiantou que, para esas datas, aplicarase un dispositivo especial para controlar o estacionamento e facilitar o mesmo para a realización das probas e a adopción “de todas as medidas de seguridade sanitaria que recomendan as autoridades para que a seguridade do alumnado estea garantida”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará