Aseguran que a actividade dos furanchos “que deixan ao marxe o cumprimento das obrigas tributarias e laborais” son un “destrutor de emprego do sector hostaleiro”. Cifran nun 15% a perda de afiliados á seguridade social do sector hostaleiro en Redondela e afirman que o sector está disposto a emprender unha mobilización en contra dos furanchos ademais de apelar ás competencias da administración local para que controle a súa actividade e que a Xunta “regule de forma acorde á realidade estes establecementos”. Os empresarios de Redondela non son os únicos afectados pero amósanse unidos e dispostos a liderar esta reivindicación.
Un sector hostaleiro que, segundo explican dende a Asociación de Empresarios, ten que facer fronte este ano a unha situación excepcional pola crise sanitaria do Covid-19 ao que se engade a competencia desleal dos furanchos que diminúan a afluencia de clientes aos bares e restaurantes da localidade.
Os furanchos son un destrutor de emprego do sector hostaleiro e a principal ameaza actual para a continuidade de moitos hostaleiros das Rías Baixas. Así o entenden na Asociación de Empresarios de Redondela que cifra en case mil empregos os que estarían en xaque pola actividade dos furanchos.
Aseguran que o aumento paulatino de peregrinos estaba a provocar un aumento no peso económico do sector hostaleiros, véndose favorecidos por esta demanda tanto o aloxamento como a restauración. Porén a “actividade irregular dos furanchos” está a tensionar aínda máis o equilibrio do sector. Explican que “as particulares condicións do desenvolvemento da actividade dos furanchos que deixan ao marxe o cumprimento das obrigas tributarias e laborais deste tipo de establecementos pon de manifesto a importante repercusión que supón esta actividade en termos de destrución de empregos.