Unha colección que abarca diferentes temáticas entre as que destacan as biografías de Rosa Parks ou de Eglantyne Jebb, pero tamén outros moitos títulos que máis aló da temática social tamén contemplan a historia, xeografía, ciencias, novela de ficción, contos, etc. Ademais, como vén facendo con anterioridade, durante 2020 a entidade dotou á biblioteca Vale Inclán dunha colección de libros de lectura fácil para que todas as persoas que queiran poidan acceder ao catálogo.
A lectura é para a Fundación Filomena unha das mellores ferramentas para conseguir unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria, con persoas formadas libremente co seu propio criterio en base ás experiencias aprendidas.
A fundación pretende seguir desenvolvendo nas próximas semanas o seu programa de promoción da cultura coas sesións de contacontos pondo en marcha un proxecto experimental que xunto á exposición de temática cultural cuxo proxecto está actualmente en desenvolvemento, daranse a coñecer proximamente.