Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociación de Veciños de Chapela cualifica de “burla” o proxecto de reposición da AP-9

RR_Noticias

O colectivo veciñal rexeita tallantemente o plan de reparación de vias e servizos afectados polas obras de ampliación da AP-9 ao seu paso pola parroquia, e que foi presentado polo Ministerio de Transportes e Audasa. Denuncian que o proxecto non contempla ningunha mellora para Chapela e mesmo “é peor que o primeiro plan de resposición que presentou a empresa”.

O presidente da asociación veciñal, Marial Pérez, cualifica o proxecto de “surrealista”, xa que malia as propostas feitas desde o colectivo desde hai anos, non se inclúen ningunha das súas demandas. Solicitaban, entre outras cuestións, pantallas vexetais para minimizar o impacto visual e acústico da autoestrada ao seu paso por Chapela, e a reposición dos viais afectados. Denuncian que non hai ningunha mellora para a parroquia “que sufre as molestias da AP-9 e da súa ampliación”, e tmapouco a reposición dos servizos afectados é completa. Advirte Pérez que na rúa Mouriño a reparación non será total, nin tampouco no acceso ao IES Chapela. Denuncia que o proxecto tampouco contempla a reposición da zona do adro da igrexa da parroquia, afectado tamén polas obras, nin melloras no acceso ao Multiúsos Piñeiral do Crego, deteriorado polas obras de ampliación. Lembran tamén desde a asociación, que malia o compromiso do anterior goberno central, a supresión da peaxe entre Redondela e Vigo aínda non se fixo efectivo, polo que os veciños pagan o tramo de peaxe “máis caro do país”. A Asociación de veciños fará alegacións ao proxecto cuxo prazo legal finaliza o 15 de agosto para os colectivos, e uns días antes para os particulares. Datas complicadas por coincidir con períodos vacacionais para moitos veciños, polo que facer chegar a información aos afectados “é tamén máis complicado”, segundo explica o presidente. Con todo, non descartan poñer en marcha mobilizacións a partir do mes de setembro, se a situación sanitaria da Covid-19 llo permite, para esixir tamén na rúa “un trato xusto para os veciños de Chapela por parte de Audasa e do Ministerio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará