Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Redondela un condutor logo dunha persecución policial a máis de 150 km/h

RR_Noticias

A Policía Nacional detivo a un mozo de 20 anos, veciño de Vigo, logo de tentar fuxir a gran velocidade dun control nocturno en Redondela, imputándolle por iso un delito de condución temeraria. Durante a persecución saltou varios semáforos en vermello, poñendo en perigo a outros automovilistas. Nun oco oculto do coche incautaron varias bolsas con pequenas cantidades de haxix e marihuana.

O dispositivo formaba parte das medidas de reorganización da área policial Vigo-Redondela e dos plans operativos que se puxeron en marcha para intensificar os controis sobre grupos itinerantes, organizacións delituosas e delincuentes comúns, na franxa horaria comprendida entre as 23:00 e as 06:00 horas. Na madrugada de onte, dentro da “Operación Sereno” montouse o dispositivo, coa participación tamén da Policía Local de Redondela na Praza Ribadavia. Mentres comprobaban diversos vehículos, os axentes observaron como desde a rúa José Regojo achegábase un vehículo escuro, que ao detectar a presenza policial freou bruscamente e cambiou de sentido para afastarse a toda velocidade cara á saída da localidade. Os axentes introducíronse nos seus vehículos e iniciaron unha persecución facendo uso das luces e sirenas, dirixíndose cara á intersección das estradas N-550 e N-555, onde o vehículo aumentou a velocidade. “Mostrando un grave desprezo cara á súa propia vida e a do resto de usuarios da vía”, sinala a nota da Policía Nacional, o condutor comezou a adiantar aos vehículos en liña continua, obrigando aos coches que circulaban en dirección contraria a botarse á beiravía para non chocar. Tamén saltou dous semáforos en vermello e tivo que sortear a un camión e outro vehículo que circulaban correctamente. Á persecución fóronse incorporando varios vehículos policiais que tentaban cortar as posibles rutas de escape e dirixilo cara a un lugar sen tráfico ou vivendas, xa que o condutor fuxido superaba en moitas ocasións o 150 km/h e, engade a nota, “non era posible seguilo ou alcanzalo sen pór en perigo ao resto de usuarios”. Finalmente conseguiron acurralalo e cortarlle o paso na zona do Viso, tras o cal procedeuse a identificar ao condutor e a realizar unha requisa do interior, onde se atoparon nun oco oculto do coche varias bolsas con pequenas cantidades de haxix e marihuana que foron incautadas. O mozo foi detido e trasladado a dependencias policiais para tomarlle declaración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará