Hoxe é Luns 2 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ábrete de orellas

Fuxindo das modas e o consumo masivo Ábrete de orellas ofrece cada semana unha escolma de cancións coas que repasarmos concertos no país novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e cancións do pasado máis ou menos recente. Cunha atención especial a artistas salas e produtoras do país Ábrete de orellas non pretende crear tendencias senón divulgar ser un punto de encontro de propostas diferentes e variadas estilisticamente.

Este proxecto xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico que creceu a carón do seu redactor e presentador Pepe Cunha que co tempo foi espallando a súa faceta de comentarista musical por diversos medios Radio Kaos Rádio FilispiM Diario de Ferrol Radio Fene De troula Xornal de Galicia TVG …

En 2003 creou www.abretedeorellas.com portal especializado en música e concertos na Galiza e en 2016 foi galardonado co Premio Martín Códax da Música na categoría de Espazo de Comunicación Musical.

Ábrete de orellas é redifundido por Rádio FilispiM CUAC FM Radio Roncudo Radio Neria Radio Piratona A Kalimera Radio Fedello Radio Redondela e o podcast na internet dentro de Ivoox. Desde a total independencia e sen axudas económicas suma máis de 3000 seareir@s en facebook e arredor de 20000 visitas anuais á web.

Emisión: venres 23.00 horas

Remisión: sábado 21.00 horas

Contacto: abretedeorellas@gmail.com

Audios do programa á carta

PLAYTítuloPrograma / SecciónFechaprograma_hfilter