O programa de Bosques Terapéuticos chega esta fin de semana a Fornelos de Montes, cunha visita o domingo a Freza, nunha actividades que combina sendeirismo e contacto co medio natural. A ruta, organziada pola Deputación de Pontevedra, discorrerá a través de 1.400 metros arredor da conca do río Barragán.
A zona caracterízase pola presenza dunha mata de bosque autóctono con recunchos de gran beleza natural. Ademais, a abundancia de patrimonio etnográfico coma muíños, pontes ou levadas que conducían a auga ata os muíños, achégalle un gran interese turístico a este percorrido. O programa, no que se inclúe tamén rutas na Picaraña (Ponteareas), Cabo Udra (Bueu), Camposancos (A Guarda) e Costa de Oia e Serra da Groba (Oia) esgotou xa todas as prazas dispoñibles, e que se limitan a 15 participantes por visita.