A votación celebrarase hoxe no campo de fútbol, de 20.00 a 22.00 horas. Son tres as candidaturas que se presentan, despois de que o pasado mes de xullo fora destituido Antonio Silva como presidente. José Hermida, José Antonio Conde e José Félix Gómez encabezan as tres listas.
Unha moción de censura relegou do seu cargo a Silva, que ostentaba a presidencia do club desde 2013. Tras a asemblea extraordinaria celebrada o pasado 27 de xullo, deixou o cargo, e esta tarde os socios están chamados a elexir unha nova xunta directiva. A votación será entre as 20.00 e as 22.00 horas, para escoller entre tres candidaturas. A liderada por José Hermida conta con José Carlos López como candidato a vicepresidente. No caso de Conde, Javier Martín Santás sería o seu segundo, e na lista de Gómez opta a vicepresidenta Angélica Barreiro.