Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Naialma”, o disco máis íntimo e persoal de Alberto Vilas

RR_Noticias

O músico e compositor vén de presentar o seu último traballo discográfico, o primeiro en solitario logo dunha longa e prolífica carreira. Cunha coidada edición en formato audio-libro, Naialma é un disco “íntimo e persoal” froito do traballo de varios anos. Está concebido para amosarse en espazos “onde o silencio natural enmarque a obra”. Este domingo estréase no Carballo das Cen Pólas, o vindeiro venres, día 28, no Museo Meirande.

O seu currículum fala por si só, membro do grupo Tangata desde 1988, colaborador de artistas como Uxía, Sonia Lebedinsky, Tino Baz ou Vitorino, conta con moitos traballos discográficos á súas costas. Agora Vilas publica o seu primeiro disco en solitario “Naialma”, previsto para presentar a pasada primavera e que tivo que adiar a súa estrea pola pandemia. Un proxecto musical feito con agarimo e con tempo, realizado ao longo dos últimos anos e que agora ve a luz. Un traballo “a contracorrente”, como explica o propio pianista, nuns tempos no que todo xira en torno á “espectacularidade dos grandes eventos”. Alberto Vilas ofrecerá concertos “moi íntimos” e con pouco público “onde o silencio é un elemento importante” para poder entregarse “á escoita”. Pretende así “volver ás orixes e transmitir cercanía”. O primeiro concerto será no Carballo das Cen Pólas, en Reboreda, ás 21.30 horas, con aforo limitado e todas as reservas xa esgotadas. Aínda hai prazas para o segundo concerto, o venres día 28 no Museo Meirande.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará