Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xuíz envía a prisión ao acusado de asasinar a irmá e a sobriña en Soutomaior

RR_Noticias

Un xuíz de Redondela acaba de decretar prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo dobre crime de Soutomaior. O arrestado, Miguel Gil, está sendo investigado por dous delitos de asasinato e outro de posesión ilícita de armas. Está acusado de matar a tiros a súa irmá, de 62 anos, e a súa sobriña, de 23. Os feitos ocorreron o venres en Soutomaior.

Esta mañá pasaba a disposición xudicial o acusado de asasinar a súa irmá e a súa sobriña en Soutomaior para declarar. O home está acusado de asasinar a tiros a súa irmá, de 62 anos, e a súa sobriña, de 23. Os feitos ocorreron o venres en Soutomaior. As dúas mulleres acudían a unha finca da súa propiedade no monte O Coello para darlles de comer a uns cans que tiñan alí. Ao paracer iniciouse unha discusión cando lle reclamaron ao acusado unha escaleira. A Garda Civil trata de esclarecer as causas que levaron ao home de 52 anos a matar ás dúas mulleres cunha arma de fogo para a que non tiña licenza. Veciños e familiares recoñecen que a relación entre eles “non era boa” pero ninguén sospeitaba que puidese producirse un desenlace tan tráxico. Os veciños viviron hoxe o segundo, e último, día de loito oficial decretado polo Concello de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará