As bibliotecas de Redondela organizan unha interesante actividade para o público infantil da man da actriz e narradora Raquel Queizás. Un espectáculo para redescubrir contos clásicos como Alicia no país das Marabillas, Peter Pan ou O Mago de Oz e as súas primeiras adaptacións cinematográficas. O venres, 28 de agosto, ás 11.30 horas no Multiusos da Xunqueira. Entrada de balde con inscrición previa na Biblioteca de Redondela ou no teléfono 986 401 561.
O espectáculo, de 50 minutos de duración, promete “aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación”. Trátase de contos tradicionais e imperecedoiros da literatura infantil aos que o cine mudo lles engade unha expresión “moi divertida”. As historias, explica Queizás, reflexan as etapas evolutivas do público cativo “e axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, ou respecto polo diferente”. Está dirixido á rapazada a partir dos 6 anos.