Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.C.D Cesantes fai historia co ascenso á LGT-A

RR_Noticias

A traíña redondelá impúxose na fase de ascenso disputada esta fin de semana en Rianxo, superando a Salgado-Perillo, que tamén ascende á LGT-A como segundo, e a Mera, que certifica o seu descenso á LGT-B. Un gran éxito para unha taiñeira composta por remeiros “da casa” nunha temporada especialmente dura pola situación sanitaria.

É a primeira vez que o club de Cesantes acada o ascenso á Liga Galega A de traiñeiras, e faino por méritos propios longo dunha temporada na que demostraron un gran nivel. A segunda xornada do play-off, celebrada onte no peirao de Rianxo, foi similar á do sábado, cos redondeláns dominando a proba. A loita foi dura nunha contrarreloxo entre tres equipos que pelexaban por dúas prazas na LGT-A. Cesanteses confirmou o seu papel de favorito para o ascenso, e foron os máis rápidos da proba, como segundo quedou Salgado-Perillo, que chegou á meta 9 segundos por detrás dos redondeláns, mentres que Mera, terceiro do “play-off” chegou a máis de 30 segundos de distancia. Con esta fase de ascenso en Rianxo a liga Galega finaliza unha tempada marcada pola crise sanitaria da Covid-19, que complicou a competición e afectou a algúns clubs e remeiros. Varios tiveron que retirarse e mesmo non puideron organizar as súas regatas. Con todo, a tempada puido celebrarse, ao ir solventando os problemas que foron xurdindo.
Resultados: 1. CCD.Cesantes, 20.59:48; 2. CR.Salgado-Perillo, 21.08:63; 3. CDM.Mera, 21.45:76.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará