Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A travesía do Viso mellorará a seguridade dos peóns cun carreiro paralelo á estrada

RR_Noticias

O goberno local de Redondela convoca aos veciños do Viso esta tarde para explicarlles os detalles do proxecto na estrada PO-2091.Trátase dunha vía cunha elevada densidade de tráfico e sen beirarrúas, o que a convirte nunha zona moi perigosa para peóns que a transitan a diario.

O goberno local convocou para este luns, día 31, unha reunión ás 20.00 horas no Centro Cultural de Saramagoso para expor os detalles deste proxecto da Deputación de Pontevedra. O acto servirá para explicar aos veciños “como se desenvolverá a actuación e aclaren todas as dúbidas que poidan xurdir”. As obras, cun orzamento de 142.784 euros, permitirán dotar ao viario dun carreiro paralelo á calzada para protexer aos viandantes. Con esta actuación darase resposta a unha demanda histórica dos veciños. A estrada provincial EP-2901 é un vial moi transitado no barrio de Tuimil e a falta de beirarrúas obriga aos peóns a invadir a calzada. Un problema que se agrava co elevado volume de tráfico que atravesa a parroquia por este vial, tanto turismos como camións que se dirixen a Arcade, Soutomaior ou mesmo aos polígonos de Ponte Caldelas ou A Lama. Desde que en Arcade se prohibiu o tránsito de camións, o tráfico de vehículos pesados polo Viso multiplicouse. Tamén denuncian na parroquia que os condutores non respectan os límites de velocidade, establecido en 30 ou 40 quilómetros por hora segundo o tramo.
Por outra banda, o encontro desta tarde servirá tamén para pór sobre a mesa outros proxectos que se van desenvolver na parroquia. Digna Rivas sinala que tamén que os veciños “poderán facer chegar ao goberno local as súas inquietudes e necesidades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará