O prazo para participar neste concurso fotográfico remata o martes 3 de novembro. Ata esa data todos os que estean interesados poden remitir as súas imaxes en formato impreso a sede do colectivos no Círculo Cultural de Cesantes e o formato dixital ao enderezo obradoiro@estudoslocais.org. Os premios repartiranse entre as dúas categorías convocadas, un premio xuvenil orientado a menores de 16 anos e a categoría de adultos para maiores desa idade. Tamén hai un premio especial á mellor fotografía dotado con 175 euros. As bases pódense consultar na páxina web do Obradoiro.
A obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes convoca un ano máis un concurso que busca incentivar a actividade fotográfica así como conseguir as mellores instantáneas e potenciar así a súa difusión e coñecemento.
Os participantes quedan encadrados en dúas categorías: xuvenil ou menores de 16 anos e adultos, maiores desa idade. As fotos deberán seren inéditas e de temática libre. Poderán presentarse un máximo de 5 imaxes por participantes que deberán ser enviadas obrigatoriamente en dous formatos: dixital ou impresas que deberán remitirse ao Círculo Cultural Deportivo de Cesantes (Estrada de Cesantes Nº28 CP 36693 Cesantes -Redondela) mentres que as fotografías en formato dixital poderán enviarse por email ao correo do Obradoiro (obradoiro@estudoslocais.org).