Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e Confraría de pescadores asinan un convenio para fomentar o uso do galego na lonxa de Cesantes

confraríagalego

A alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas e o patrón maior da confraría, Xoel López, asinaron este documento co que se busca introducir e consolidar o galego na rotulación e documentación escrita da lonxa, nun ámbito no que ademais o uso do noso idioma está estendido.

Este convenio permitirá introducir e consolidar a lingua galega nun espazo onde o galego “é a lingua habitual na fala pero non na documentación escrita nin na rotulación da lonxa”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas

O Goberno local considera que este tipo de acordos son altamente positivos “posto que a propia sociedade civil é partícipe do proceso de normalización lingüística”. Desta maneira, segundo se apunta dende a entidade local, “conseguimos implicar a máis persoas e colectivos nunha tarefa común como é fomentar o uso do galego”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará