O Multiúsos da Xunqueira acolle o vindeiro luns día 21 ás 19:00 horas un acto de conmemoración co gallo do Día Mundial do Alzheimer. A actividade, organizada polo Concello, incluirá a proxección da película “Vivir dos veces”de María Ripoll. O aforo é limitado polo que compre inscrición previa na oficina de turismo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas. Tamén no enderezo turismo@redondela.gal.
Redondela súmase ás conmemoracións polo Día do Alzheimer que se conmemora cada 21 de setembro e que ten por obxectivo concienciar acerca desta actividade e lembrar que cada vez se manifesta nunha maior cantidade de persoas. A súa detención precoz é importante para tentar frear o avance da enfermidade, polo que se anima e estaren atentos aos síntomas e a traballar a memoria no noso día a día, xa que o exercicio mental é un bo exercicio para combater o deterioro cognitivo.
Na xornada do luns en Redondela o acto inclúe a proxección dunha película dramática, Vivir dos veces na que aborda este tema con ton de humor sen perder a seriedade que merece.