Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación aproba o proxecto de reforma da estrada do Galleiro por 400.000 euros

galleiros

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o proxecto de execución da estrada do Galleiro, un tramo da EP-2906 entre Os Valos e Guizán. As obras, que teñen un orzamento de 402.341,59 euros financiados na súa totalidade pola entidade provincial, serán licitadas en breve e contarán cun prazo de execución de 5 meses. O proxecto aposta pola reordenación da mobilidade peonil, ciclista e rodada.

O tramo obxecto da actuación ten unha lonxitude de preto de 750 metros e abrangue o sector máis densamente habitado ao longo dunha vía que totaliza 2,9 Km e que, ademais, une a PO-2602 co aeroporto de Peinador e a N-550.

A estrada presenta actualmente serias deficiencias ao contar con dous carrís de 3 metros de sección e unha beiravía moi variable, por tramos case inexistente, e con bordos e elementos perigosos, entre eles postes de formigón do alumeado. Ademais, dispón de numerosas interseccións con camiños municipais que non están correctamente resoltas e, finalmente, abundantes tendidos aéreos.

O proxecto que se vai executar comeza cunha primeira actuación onde xa se actuou coa construción dunha beirarrúa na marxe dereita. Polo tanto, as obras centraranse na beiravía esquerda cunha importante ampliación para a mellora da seguridade viaria. A continuación, na zona de maior densidade edificatoria vaise crear unha plataforma única de convivencia entre peóns e vehículos coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Quedan tamén deste xeito ben ordenados os cruces e interseccións principais. Dende este punto engádese sección á estrada para gañar un carril peóns-bicicletas. Para elo habilitarase unha franxa con elementos separadores, de 50 centímetros de anchura, para protexer a senda peonil ciclista, que terá outros 2 metros de ancho. A velocidade de circulación para os vehículos será de 30 Km/h, incluíndo para axudar ao “calmado de tráfico”, a instalación de elementos redutores e pasos de peóns sobreelevados. Amais, no treito de plataforma única reforzarase a convivencia reducindo o límite aos 20 Km/h.

A Deputación vai proceder tamén ao soterramento dos cables aéreos e á instalación dun novo sistema de iluminación, substituíndo os actuais farois dun elevado consumo, por outros que reducirán significativamente o impacto enerxético e medioambiental.

Ao tratarse dunha obra de urbanización completa, no convenio asinado co Concello de Redondela a principios deste ano quedou establecida unha achega dun 70% por parte da Deputación (281.639,04 euros). Porén o Concello decidiu achegar o 30% restante a través do Plan Concellos, polo que o 100% do investimento necesario vai ser realizado con fondos procedentes da Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará