En total ofertan 24 actividades diferentes para grandes e cativos, con propostas formativas, actividades saudables e de mantemento físico e, como novidades, obradoiros de teatro e costura creativa. Actividades todas elas que se impartirán cumprindo un rigoroso protocolo antiCovid para minimizar o risco de contaxio. Unha oferta que se completa coas ensinanzas musicais que se imparten na Escola de Música de Chapela.
A Asociación quere manter a súa programación formativa e arranca o curso con clases de inglés para nenos e adultos, manualidades e pintura. Actividades saudables e de mantemento físico como pilates, ioga, ximnasia, adestramento circuíto ou zumba. Ademais na súa Escola de Baile impartiranse clases en todas as modalidades para nenos, mozos e adultos .
Os cursos de cociña, tamén apra todas as idades, achegan unha cociña participativa , con menús sans , nutritivos e de baixo orzamento, nunhas clases nas que os participantes poderán degustar todos os pratos elaborados.
Pensando nas persoas maiores e de mobilidade reducida ofértanse actividades de biodinámica onde se realizan exercicios sentados e encamiñados á conservación e mellora das condicións físicas, tonificación e coordinación das articulación en xeral, ademais de traballar con exercicios para mellorar a memoria
Como cada ano tamén segue ampliando a oferta de actividades , e ás anteriormente mencionadas engaden novas ofertas para este curso como son os talleres de teatro e costura creativa .
Tamén se realizarán ao longo do curso diferentes talleres, charlas e conferencias con diferentes obxectivos.
Todas as actividades teñen un prezo reducido para socios e están impartidas por monitores altamente cualificados e os grupos este ano serán mais reducidos e cun rigoroso protocolo anti COVID con toma de temperatura a entrada de cada alumno/a , desinfección e ventilación de aulas e mobiliario a entrada e saída de cada grupo para así garantir a saúde de usuarios e monitores.
Durante todo o curso se seguira ampliando a oferta de actividades dependendo da demanda, xa que a Asociación cultural de chapela sempre está aberta a calquera proposta de actividade feita polos propios usuarios.
As persoas interesadas poden ampliar a información na web culturaldechapela. Org ou solicitnado información no enderezo asociacion@culturaldechapela.org e no teléfono 986452244 (tamén a través de wasapp).