Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior rehabilita a Fonte do Conde no Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade

camiño

Un manancial que o consistorio quere pór en valor a través do seu plan de recuperación do patrimonio histórico local. O alcalde, Agustín Reguera, asinou co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o convenio de colaboración a través do cal se financiarán os 13,609 orzados para a actuación.

Os traballos de rehabilitación xa contan co visto e prace da Secretaría Xeral de Patrimonio e implicarán unha renovación total do conxunto. En primeiro lugar, realizarase unha limpeza de todos os elementos de pedra orixinais para selala posteriormente e evitar fugas e filtracións. A continuación, renovarase todo o solado con pedra granítica e instalarase unha nova escaleira de acceso.

Ademais, instalaranse varias varandas de seguridade nas escaleiras e a fronte do conxunto, un sistema de iluminación baseado en enerxía solar, un banco de pedra, unha fonte bebedoiro de fundición e, para delimitar o conxunto, instalarase un pequeno peche vexetal.

Unha vez recuperado, o conxunto contará cunha sinalización do punto quilométrico da fonte no camiño de Santiago ademais dunha pequena placa identificativa co nome do manancial. Os traballos financiaranse entre o Concello de Soutomaior, que achegará ao redor do 10%, e a Xunta de Galicia, que financiará o 90% restante.

Un iniciativa enmarcada dentro do plan de recuperación do patrimonio histórico que xa levou a recuperar diferentes elementos do patrimonio que se atopaban en mal estado como cruceiros, lavadoiros e fontes até a ponte medieval de Comboa, segundo explicou o alcalde, Agustín Reguera.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará