A nova directiva da Confraría Virxe do Carmen de Arcade presentou no xulgado estes días unha querela criminal contra Rita Míguez, expatroa desta mesma confraría e actual presidenta de AMUPESCA. O actual pósito acusan a anterior directiva de administración desleal, furto, extorsión e apropiación indebida.
A nova directiva explica que “pouco despois de chegar ao poder e comprobar as contas, que ata ese momento eran totalmente opacas, atoparon irregularidades e encargaron unha auditoría externa”. Dita auditoría daría como resultado o descubrimento de varios delitos cometidos supostamente pola expatroa e o seu equipo de goberno, entre os que destacan administración desleal, furto, extorsión e apropiación indebida.
Os socios da confraría “agardan que caia todo o peso da lei sobre os infractores” e confía en que por parte da nova directiva se tomen medidas contra estas persoas, que coa súa maneira irregular de facer, case levan ao afundimento dita confraría”.