Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela volve ao nivel máis baixo de risco ao reducir a menos de sete o número de contaxios

mapa epidemiolóxico

Os casos de coronavirus seguen incrementándose na área sanitaria de Vigo cunha situación cada vez máis preocupante. Segundo os últimos datos do Sergas a cidade de Vigo mantense en alerta laranxa tras confirmarse onte o positivo de máis dun cento de persoas. Tamén en alerta laranxa atópanse os concellos de Porriño e Nigrán, mentres que preocupa a situación de Cangas que entra no nivel vermello  tras superar na fin de semana os 21 contaxios por Covid. A cara positiva atopámola en Redondela, que mellora a súa situación e regresa ao nivel cero con menos de 7 contaxiados nos últimos sete días. Tamén en verde atopamos as localidades de Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos.

O mapa de incidencia que publica a Consellería de Sanidade confirma que a situación mellora na nosa bisbarra ao baixar o número de contaxios en Redondela, pasando así da alerta laranxa a abandonar ese semáforo epidemiolóxico da Xunta. Con todo, a situación é preocupante porque na área sanitaria de Vigo os niveis de novas infeccións están chegando a niveis de marzo, os días máis duros da pandemia.

No concello de Vigo a alerta continúa en laranxa ao detectarse nos últimos sete días entre 166 e 332 casos. Uns contaxios que se asocian na súa maior parte a contactos familiares e encontros sociais, especialmente festas privadas de xente nova. Por outra banda as autoridades sanitarias destacan que apenas se están detectando contaxios nos entornos laborais, nos que maioritariamente se respectan as medidas de prevención que adoitan rebaixarse nos encontros sociais, onde se abandona a distancia de seguridade e o uso da máscara.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará