Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alonso agradece o bo comportamento dos redondeláns para evitar o repunte dos contaxios

redond1

Os redondeláns acatan as normas e foxen das reunión de máis de dez persoas en espazos públicos. A concelleira de interior, Marta Alonso, salienta ese bo comportamento dos veciños “tanto mozos como maiores” nesta primeira fin de semana na que se intensificaba a vixilancia para  garantir a normativa de Sanidade que establece limitar as reunións, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. Non houbo incidencias salientables “só casos puntuais que se controlaron co reforzo da vixilancia, sobre todo en puntos quentes como poida ser a zona de Regojo, a zona do skatepark ou no Campito de Chapela. Máis preocupante é a picaresca dalgúns locais de hostalaría “que  para eludir os horarios pechan a porta cos clientes dentro”.

Marta Alonso, responsable de Interior fálanos das medidas de vixilancia

A vixilancia policial incrementouse esta fin de semana para evitar que se produciran aglomeracións e se acatara a norma que establece a prohibición de xuntanza de grupos de máis de dez persoas. Os axentes prestaron maior atención a lugares especialmente concorridos nas noites das fin de semana como a zona de Regojo, o parque de skate na Marisma  ou o Campito en Chapela. Con todo, non foi necesario intervir.

Puntos máis concorridos

Ademais de en lugares públicos, incrementouse tamén a vixilancia para evitar incumprimentos por parte dos locais de hostalaría, xa que algún cometen a picaresca de “pechar a porta no horario establecido pero seguir servindo consumicións aos clientes que quedan dentro”, unha práctica que está prohibida polo que os seus propietarios poderían enfrontarse a unha denuncia a sanción económica.  

Locais de hostalaría

Insiste Alonso que en todo caso “son casos puntuais e nada alarmante” e anima a cidadanía a seguir cumprindo as normas sanitarias que fan que nos movamos entre o nivel máis baixo de contaxios e a alerta amarela que confirma a existencia de entre 7 e 14 contaxios na última semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará