Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de gol lastra ao Choco

ChocoRibadumiaM

O equipo redondelán dominou o partido ante o Ribadumia e gozou de máis ocasións que os anfitrións, pero a falta de efectividade impediulles poñerse por diante no marcador. A lesión de Davicín, artilleiro do Choco, deixou aos de “Gonza” sen munición, malia que dispuxeron de varias oportunidades nas que faltou o acerto.

A sustitución de Davicín por lesións aos 15 minutos de xogo condicionou o partido en Ribadumia. O Choco tivo o dominio do xogo e creou máis ocasións, pero regresou a Redondela de baleiro. O conxunto de Gonza errou varias ocasións ante Roberto Pazos, o porteiro local, que fixo un bo partido. O gol do Ribadumia xusto antes do descanso, obra de Álex, foi un golpe para os de “Gonza”. O empate acadado por Martín, aos 20 minutos de comezar a segunda parte, permitiulles repoñerse. Pero a ledicia só durou seis minutos, ata que chegou o 2-1, con gol de Hugo Soto, que provocou un penalti que el mesmo transformou. Os minutos finais do encontro foron de máxima tensión, con cartón vermello para Javi Domingo e Samu, pero o marcador xa non se movería e os tres puntos quedaron na Senra. O resultado deixa ao Choco na metade da táboa. O próximo domingo recibe en Santa Mariña ao líder, o Arenteiro.

Ribadumia: Roberto Pazos; Carlos, Javi Domingo, Miguel, Diego Abal; Monchito (Fran Matogueiras, min. 87), Cheri, Óscar Martínez; Álex (Charles, min. 77), Hugo Soto e Fran Fandiño (Brais, min. 62).

Choco: Cortegoso; Guille, Yago, Samu; Mario (Antón Vázquez, min. 46), Alberto Suárez, Comis (Óscar Gil, min. 61), Iano; Davicín (Nelson Jaló, min. 14), Félix e Martín.

Goles: 1-0, min. 45: Álex; 1-1, min. 65: Martín ; 2-1, min. 71: Hugo Soto, de penalti.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará